Iniciación á ornitoloxía

Lagoa de Caque e lagoa de Cospeito · Domingo, 29 de novembro de 2026
Raíces do Vento organiza unha mañá de iniciación á observación de aves para achegarnos á riqueza natural da Terra Chá e aprender a mirar o territorio doutro xeito: con atención, coñecemento e respecto.
Visitaremos as lagoas de Caque e Cospeito coa colaboración de Óscar Rivas López, experto en ornitoloxía, que nos axudará a identificar as aves que vexamos, coñecer os seus hábitats e aprender como observalas. Non é preciso ter experiencia previa.
Programa
09:30 h · Encontro na lagoa de Caque
Recepción, benvida e presentación da actividade. O punto exacto de encontro comunicarase previamente ás persoas con praza confirmada.
10:00–11:30 h · Observación na lagoa de Caque
Iniciación ao uso de prismáticos e telescopio, claves básicas para identificar aves e explicacións sobre o valor ecolóxico das zonas húmidas.
12:00–14:30 h · Observación na lagoa de Cospeito
Continuaremos a práctica de observación e coñeceremos mellor as especies, os hábitats e a importancia de conservar estes espazos.
14:30 h · Peche da actividade
Posta en común e despedida.
Participación e inscricións
Actividade de balde, para persoas socias e menores ao seu cargo, que deberán acudir acompañados segundo as condicións de participación.
Hai 20 prazas, asignadas por rigorosa orde de inscrición. Cada participante, tamén os menores, ocupa unha praza. A inscrición realizarase a través do formulario da web, que comprobará a condición de persoa socia da persoa adulta.
Unha vez cuberto o aforo, poderás solicitar entrar na lista de agarda. Esa solicitude non confirma unha praza: contactaremos contigo se queda algunha dispoñible.
Se finalmente non podes asistir, avisa canto antes en raicesdovento@gmail.com, para que outra persoa da lista de agarda poida aproveitar a túa praza.
Información práctica
Os desprazamentos ata as lagoas e entre Caque e Cospeito realizaranse por medios propios. Animámosvos a compartir vehículo sempre que sexa posible.
Recomendamos levar:
- Calzado impermeable e axeitado para camiñar.
- Roupa de abrigo e protección fronte á chuvia.
- Prismáticos, se dispós deles.
- Auga e un petisco para a mañá.
Quen queira quedar despois a comer no campo pode levar un bocadillo. Esa comida é opcional e non forma parte da actividade organizada.
Recoméndase non acudir con animais de compañía para evitar molestias ás aves, sen prexuízo dos dereitos de acceso dos animais de asistencia. Durante a observación respectaremos as distancias e evitaremos ruídos que perturben a fauna.
A actividade poderá modificarse ou suspenderse por meteoroloxía adversa ou por motivos de seguridade.
Consulta as condicións de participación antes de inscribirte.
Organiza: Raíces do Vento.
Colabora: Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Fotografía do cartaz: @IagoRaw.
