Actividades

Información sobre as actividades da asociación.

En Raíces do Vento entendemos as actividades como unha forma de coñecer, compartir e defender o territorio. Son espazos para aprender xuntas, facer comunidade e poñer en valor a riqueza natural, histórica e cultural da contorna.

Próximas actividades

Non hai eventos próximos.

Actividades xa celebradas

  • Roteiro micolóxico da Carballosa

    Roteiro micolóxico pola Carballosa, guiado por Jose Castro. Domingo 11 de outubro, 10:30–14:00.

    Outubro 11 @ 10:30 - 14:00
  • Roteiro polo Camiño Rexio

    Roteiro aberto polo Camiño Rexio o sábado 18 de xullo, con saída en Duancos e chegada ao Castro de Viladonga.

    Xullo 18 @ 09:00 - 14:00
  • I Bioblitz dos Lagos de Teixeiro

    Primeira actividade pública de Raíces do Vento, centrada en observar e rexistrar a biodiversidade dos Lagos de Teixeiro e da súa contorna...

    Maio 30 @ 10:00 - 19:00

Ao premer en cada tarxeta podes ver a ficha completa da actividade, con toda a información e o seu contido asociado.

Se queres estar ao tanto de primeira man, participar e apoiar este traballo colectivo, anímate a asociarte a Raíces do Vento. Formar parte da asociación é unha maneira de estar informada, sumar forza e acompañar a defensa do territorio tamén desde dentro.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.