Benvidas a Raíces do Vento

Presentamos a web da asociación e o espazo que nace para informar, coidar e facer comunidade.

Hoxe botamos a andar a primeira versión da web de Raíces do Vento. Queremos que este espazo sirva para explicar con claridade que defendemos, compartir información útil e construír un arquivo estable de materiais, comunicados e actividades.

As redes sociais seguirán sendo un lugar importante para a difusión diaria, pero esta web quere ser unha casa máis ordenada, máis permanente e máis coidada. Un lugar para facer visible o que está en xogo no territorio e para sumar comunidade arredor da súa defensa.

De seguido iremos incorporando novas publicacións, documentos e actividades. Grazas por achegarte.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.