Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

I Bioblitz dos Lagos de Teixeiro

mayo 30 @ 10:00 - 19:00

O I Bioblitz dos Lagos de Teixeiro foi a primeira actividade pública impulsada por Raíces do Vento, cando aínda eramos plataforma veciñal. Organizámolo para poñer en valor a riqueza natural da zona e facer visible, con observación, coñecemento e datos, todo o que está en xogo neste territorio.

A actividade abrangueu os Lagos de Teixeiro, o bosque de San Fitorio, A Meda e Barredo, e reuniu persoas expertas e non expertas arredor dun obxectivo común: observar, identificar e rexistrar fauna, flora e micobiota na plataforma de ciencia cidadá Inaturalist. Podes ver os resultados en I Bioblitz Lagos de Teixeiro.

Para iso contamos tamén coa participación de persoas expertas de distintas asociacións naturalistas, como a Sociedade Micolóxica Lucus, SOCEME, o Grupo Naturalista Hábitat, ADEGA e Morcegos de Galicia, que axudaron ás persoas asistentes a comprender mellor a riqueza da contorna e a necesidade de conservar a súa biodiversidade.

O resultado foi moi valioso. A través de iNaturalist quedaron recollidas 558 observacións, que permiten mostrar con feitos a biodiversidade desta contorna e seguir ampliando o coñecemento sobre ela.

Ademais, este traballo non rematou nese día. Contamos cun proxecto paraugas en iNaturalist, “Biodiversidade Lugo Noroeste”, que abrangue a contorna e inclúe o Bioblitz, para poder seguir incorporando observacións co paso do tempo.

Detalles

  • Fecha: mayo 30
  • Hora:
    10:00 - 19:00

Recinto

  • Lagos de Teixeiro e San Fitorio
  • Rubias
    Lugo, Spain