Raíces do Vento é unha asociación aberta a todas as persoas que comparten a preocupación polo impacto que están a ter estes proxectos sobre o territorio, a biodiversidade, o patrimonio e a vida no rural. Cremos que defender esta contorna pasa tamén por organizarnos, informarnos e implicarnos colectivamente.
Faite socio/a
Se queres apoiar este traballo e formar parte da asociación, podes darte de alta a través do noso formulario.
A cota actual é de 25 € ao ano. Facerse socio/a permite soster o traballo da asociación, recibir información de primeira man, participar nas actividades e formar parte das decisións colectivas.
Participa activamente
Raíces do Vento quere ser unha asociación viva, na que as persoas socias non sexan só espectadoras. Gustaríanos contar con xente que poida implicarse de distintas maneiras: colaborando en actividades, axudando na difusión, participando en grupos de traballo ou sumándose ás tarefas organizativas que vaian xurdindo.
Cada persoa pode achegar do xeito que mellor encaixe coa súa dispoñibilidade, os seus coñecementos e as súas ganas.
Unha asociación aberta e asemblearia
O órgano de decisión de Raíces do Vento é a asemblea. Queremos construír unha asociación aberta, participativa e plural, na que as decisións importantes se compartan e na que haxa espazo para sumar persoas diversas arredor dun obxectivo común: defender o territorio.
Súmate
Se compartes esta preocupación e queres apoiar este traballo colectivo, anímate a asociarte e participar. Porque defender a terra non é só unha cuestión de opinión: tamén é unha cuestión de organización.
Consulta aquí os estatutos da asociación para coñecer os obxectivos, dereitos e funcionamento de Raíces do Vento.
