Defendemos o territorio vivo e o dereito das comunidades a seren escoitadas.
Non estamos contra as enerxías limpas nin contra o futuro. Estamos contra un modelo de macroproxectos impostos, mal ordenados e extractivistas que deterioran o territorio, ameazan a biodiversidade, rompen a vida rural e deixan os beneficios fóra.
Os nosos eixos
A terra e a vida no rural
O rural non é un espazo baleiro dispoñible para calquera proxecto. É un territorio vivo, habitado, traballado e cheo de relacións, coñecementos e futuro.
Biodiversidade e contorna
Defendemos a riqueza natural da nosa contorna e o equilibrio ecolóxico que sostén a vida. Calquera transformación debe medirse tamén polo seu impacto real sobre a natureza.
Patrimonio, memoria e identidade
Coidar o patrimonio é coidar a memoria colectiva. A paisaxe, os camiños, os nomes, os lugares e a cultura forman parte do que somos.
Participación real
Cremos que as comunidades locais teñen dereito a coñecer, participar e decidir sobre aquilo que afecta ao seu territorio. Sen participación real non hai transición xusta.
O futuro que queremos
Defendemos un desenvolvemento rural con cabeciña: con planificación, respecto, transparencia e beneficios que tamén queden aquí. Un futuro no que as enerxías limpas non se convertan nunha nova forma de sacrificio para as comunidades locais, senón nunha oportunidade pensada coa vida no centro.